Explícoche Matemáticas 2.0

Proxecto Explícoche Matemáticas 2.0.

Cada participante ou grupo participante preparará un vídeo de 2 minutos de duración máxima sobre un tema relacionado coas Matemáticas. A temática e enfoque pode ser máis formal (definición dun concepto, un teorema, idea intuitiva e/ou aplicación), ou pode recoller manifestacións diversas da matemática na vida cotiá, de carácter cultural, artístico ou social.

É condición indispensable que a lingua empregada sexa o galego.

Os  participantes  poderán  utilizar  calquera  recurso  multimedia,  audiovisual  ou  artístico  para  a realización da curtametraxe.

Os traballos presentados, realizados integramente polos participantes, deben ser inéditos e orixinais.

Material a presentar.

Os concursantes deberán subir a unha canle de youtube o vídeo confeccionado e suministrar un link válido para o visionado da curtametraxe.
Os vídeos deben ter boa calidade tanto visual como de son.
Deberán suministrar os seguintes datos de contacto:
· Categoría na que participa.
· Enderezo electrónico e teléfono.
· Centro ao que pertence e estudos que realiza, se é o caso.

Un informe en formato Word ou PDF cos seguintes datos:
· Título do traballo.
· Breve motivación.
· Nome e apelidos de cada participante (profesor e alumnos).
· Enderezo postal e correo electrónico de contacto.
· Teléfono de contacto.

Atrévete coas matemáticas

Páxina web
Bases
As matemáticas están presentes en todos os elementos que nos rodean e por regra xeral o concepto “matemáticas” está intimamente ligado ao adxectivo difícil e aburrido. Pero…é realmente así?
Atrévete coas Matemáticas! Pretende mostrar a parte lúdica das matemáticas, en ocasións descoñecida e na que pode participar público de todas as idades.