Proxecto Explícoche Matemáticas 2.0.
Cada participante ou grupo participante preparará un vídeo de 2 minutos de duración máxima sobre un tema relacionado coas Matemáticas. A temática e enfoque pode ser máis formal (definición dun concepto, un teorema, idea intuitiva e/ou aplicación), ou pode recoller manifestacións diversas da matemática na vida cotiá, de carácter cultural, artístico ou social.
É condición indispensable que a
lingua empregada sexa o
galego.
Os participantes poderán utilizar calquera recurso multimedia, audiovisual ou artístico para a realización da curtametraxe.
Os traballos presentados, realizados integramente polos participantes, deben ser inéditos e
orixinais.
Material a presentar.
Os concursantes deberán subir a unha canle de youtube o vídeo confeccionado e suministrar un link válido para o visionado da curtametraxe.
Os vídeos deben ter
boa calidade tanto visual como de son.
Deberán suministrar os seguintes datos de contacto:
· Categoría na que participa.
· Enderezo electrónico e teléfono.
· Centro ao que pertence e estudos que realiza, se é o caso.
Un
informe en formato Word ou PDF cos seguintes datos:
· Título do traballo.
· Breve motivación.
· Nome e apelidos de cada participante (profesor e alumnos).
· Enderezo postal e correo electrónico de contacto.
· Teléfono de contacto.